martes 4 de octubre de 2011

CURSOS ESPECIAIS PARA PERSOAS ADULTAS

A academia Vox Populi leva anos preparando estudantes para obter o Graduado en ESO para persoas adultas, así como para o Bacharelato a distancia e os cursos de acceso a Universidade para maiores de 25 e 45 anos.
Estamos preparados e especializados e ademáis establecemos grupos diferenciados para o alumnado adulto.
Se queres acadar o teu título de Graduado en ESO, preparar as Probas para acceso a Ciclos Medios ou ben as novas Probas de Competencias Clave, para obter o Certificado de Profesionalidade, podemos axudarte.
Se o precisas xestionámoste a matrícula e proporcionámoste material de traballo.
Pregúntanos sen compromiso.

jueves 16 de septiembre de 2010

INICIO DO CURSO

O mundo volve rodar!
Empeza o curso escolar en primaria e está a piques de facelo en secundaria e bacharelato.
Na Academia Vox Populi temos todo preparado para o mes de outubro.
Vai facendo a túa reserva!

lunes 5 de julio de 2010

COMEZAMOS OS CURSOS DE VERÁN

Durante xullo e agosto teremos os cursos de verán, en HORARIO DE MAÑÁ, salvo clases individuais e grupos privados.
Durante TODO O DÍA atendémoste nos teléfonos 986731610 ou 659280698, e na rede no noso enderezo electrónico: academiavoxpopuli@gmail.com

jueves 24 de junio de 2010

SAN XOAN


Despois da noite de San Xoan, na que moitas veces cando ainda estabamos na Universidade temos queimado os vellos apontamentos, preparámonos para empezar os nosos cursos de verán.
Esperámosvos coma sempre con moita ilusión e con toda a nosa profesionalidade posta á vosa disposición.
Ide reservando prazas: hai grupos feitos pero ainda podedes encaixar nalgún!

miércoles 16 de junio de 2010

RECUPERACIÓNS E CLASES DE APOIO

Despóis dos resultados das notas (noraboa aos aprobados!), os que non chegarades a aprobar todas, ainda tedes unha oportunidade:
En VOX POPULI podemos axudarte.
Coma sempre en GRUPOS REDUCIDOS e con apoio ao estudo, non só "permanencias"... Somos licenciados, con grande experiencia...
Reserva xa a túa praza.

viernes 5 de febrero de 2010

miércoles 20 de enero de 2010

HAITÍ

En todos os bancos e caixas hai contas para colaborar con ONG que están a traballar en Haití. Podemos facer moito con moi pouco.